martes, 21 de junio de 2011

LA BUENA SUERTE



 RESUMO:
Este libro cóntanos a historia de dous amigos que se reencontran nun fermoso parque tras o trascurso de moitos anos, Víctor e David. Ao atoparse, ambos xa a piques de xubilarse, comezan a falar das súas vidas e das felicidades e desgrazas que viviron.
David fórase da cidade na que vivía cando tiña 10 anos e dende aquela non se reunira co seu  amigo da infancia Victor. 
O motivo da sua marcha fora que a súa familia lle tocara a loteria e volvéranse ricos , pero despois disto a súa familia fora da mal en peor. David relatoulle a Victor como pasou de ser rico a non ter suficiente para comer, facéndolle ver a Victor que a boa sorte duraba moi pouco.
Victor en cambio que nun pasado era tan pobre ou máis que David, conseguira crear a súa propia empresa e prograsar económicamente, chegando a vivir unha vida cómoda, agradable e feliz.
ISTO QUE LLES ACONTECEU E DEBIDO A QUE A BOA SORTE HAI QUE BUSCALA ! E VÍCTOR EXPLICOULLO A DAVID CON UNHA FÁBULA:unha fábula que trataba duns cabaleiros.

  Estes cabaleiros un  branco e un negro, tiñan un reto que consistía en encontrar un trébol que nacería nuns días nun bosque inmenso no cal nunca pasara tal cousa. O cabaleiro negro cando dispuxo desta información deixou o seu destino en mans da sorte. Non soubo ser inxenioso e crear as circunstancias axeitadas para facerse co trébol.

     Pola contra, o cabaleiro branco deuse conta de que se nunca naquel lugar naceran tréboles era porque non se deran as condicións axeitadas. Se o que quería era gañar o reto o que tiña que facer era crear boa sorte, é dicir, as condicións óptimas para que naquel bosque encantado puidera nacer o trébol. Isto foi o que fixo, informouse para saber que necesitaría, traballou duro, con ilusión, ganas e moito esforzo. A pesar de todo, sabía que as posibilidades de que o seu traballo dese froito eran mínimas, el nunca perdeu a esperanza, porque confiaba en que estaba a facer o correcto, e así foi, finalmente fíxose co trébol, co trébol da sorte ilimitada.

     Tras o relato, David deuse conta de que a boa sorte non é casualidade. El empezara xa a crear boa sorte no momento en que empezou a buscar a Victor, e aquí encontrou esta historia da que aprendeu moito, e isto tampouco foi casualidade, 
porque o libro de “La buena suerte” non chega a
un por casualidade.




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario